Martín, María

Ni por favor ni por favora : cómo hablar con lenguaje inclusivo sin que se note (demasiado) / María Martín, Coral Herrera - 4ª ed. - Madrid : Catarata , 2021 - 128 p. ;22 .cm

“Os nenos que rematen poden ir ao recreo”, di a mestra. Julia queda sentada no seu pupitre, esperando a súa quenda. “Fulanita, dixen que podedes ir ao recreo” e, como Julia permanece inmóbil, ao final explícalle que con “nenos” refírese tamén ás nenas. Horas máis tarde, o profesor de ximnasia di: “Os nenos que queiran formar parte do equipo de fútbol que levanten a man”. Julia alza a man, decidida, ao que o profesor, incómodo, reacciona: “Dixen os nenos”. Julia, estupefacta, non entende nada. “Pero non dixera ‘os nenos’?”. E así, as mulleres, desde pequenas, teñen que aprender a deducir cando están incluídas e cando non. Aínda que a anécdota pode parecer divertida, en realidade non o é. Desde antes de nacer edúcase de modo distinto a unhas e outros, noméanse de modo diferente, naturalízase a diferenza cultural como resultado artificial das diferenzas biolóxicas. A que nos referimos cando falamos de linguaxe inclusiva? É o mesmo que linguaxe “politicamente correcta” ou non ten nada que ver? Como comunicarnos sen deixar fóra do discurso á metade da poboación? Como expresarnos de forma correcta, amena e comprensible sen discriminar a ninguén? É a nosa linguaxe sexista? E as autoridades encargadas de darlle esplendor? Neste libro non atoparás propostas extremas nin definitivas, pero si moitas ferramentas para comezar a utilizar a linguaxe inclusiva de forma sinxela, con multitude de exemplos e moito humor. Porque a solución está na punta da lingua.

3º-4º ESO 1º-2º BAC

9788490976821


Sexismo na linguaxe
Sexismo
Feminismo

316.647.82-055.2:81(460)811.134.2-27

Coa tecnoloxía Koha